lunes, 23 de noviembre de 2009

Dúbidas

Os mariscadores amosámonos preocupados -como se estivésemos fronte un centolo coas tenazas abertas- na procura de que se resolvan as nosas dúbidas. Necesitamos axuda, así pois lancemos ao espazo virtual as cuestións sen máis dilación:

1. ¿Qué diferenza existe en canto a funcionalidade entre un mapa de bits e as imaxes vectoriais?

2. Sempre escoitamos falar do linguaxe HTML, de feito está presente en tódolos documentos. A cuestión é a seguinte ¿é imprescindible utilizar esta linguaxe para a elaboración da páxina Web?

3. Se a nosa páxina ten que cargar rápido, ¿Cal é a maneira máis sinxela de conseguilo?

4. ¿Cómo podemos insertar un mapa da aplicación google maps na nosa propia páxina?

5. ¿Qué é un arquivo externo de CCS ou folla de estilo CSS?

6. ¿Cómo podemos insertar un buscador interno na nosa páxina? ¿Cómo preparala para a optimización de procura?

7. ¿Qué é un script?

8. ¿En que formato utilizaremos as nosas imaxes? ¿Cal é o máis útil, sinxelo e habitual?

Esperamos que podades contribuír coas vosas aportacións ao noso aprendizaxe. Marisqueanos co teu coñecemento.

martes, 17 de noviembre de 2009

Os créditos contan, e moito....

Boas Marisqueir@s

O noso salpicón, seguindo a filosofía que o caracteriza, na súa ardua labor de recoller de todo o mellor un chisco tropezou na súa loita mariñeira cos desatendidos titulos de credito nos films.
Por iso, decidimos desenvolver este tema diante de vos, compañeiros de ría!!

Abordaremos básicamente o seguinte:

1.-Breve introducción aos títulos de crédito
2.-A historia dos títulos de crédito. Evolución.
3.-Tiploloxia dos títulos de crédito.
4.-Aspectos que influen na elaboración dos títulos de crédito.
3.-Análise pormenorizado dos títulos de crédito máis significativos ao longo da historia. (acompañado de imaxes ou videos dos diversos films comentados)

DEBATE:

A partir de diversas indagacións e entrevistas debatiremos acerca da importancia que se lle atinxe aos títulos de crédito hoxe en día. Cuestionarémonos que é o que fai que desvien o noso interese a relación que se mantén ou non con respecto a estética do filme e a necesidade da aparición explícita dos mesmos.

Compañeiros, ante todo dicir que si tendes calquera outra suxerencia estaremos encantados de escoitala e introducila no noso traballo.

Un saúdo percebes!!!

En busca do mellor marisco....

Tras barallar entre varias ideas, tentando sacar o mellor e o peor das mesmas finalmente este suculento grupo marisqueiro tomou unha decisión que pasamos agora a desenvolver:

A páxina web será a dun programa de telvisión estatal relacionado co tema da farándula, tentando establecer unha reciclaxe neste tipo de programas basura coa revolución no mundo do cotilleo

O noso obxetivo principal é a creación dunha páxina web atractiva, accesible que conste dun menú sinxelo pero interesante e dunha ampla gama de contidos propios. Un espazo televisivo que atenda aos intereses básicos e satisfaga as necesidades e peticións dos nosos usuarios potenciais.

Como idea secundaria está a de crear unha nova tendencia no deseño das páxinas web no sector dos programas de entreteñemento posto que a maioría están vinculadas a canle na que se emiten tendo graves problemas de accesibilidade e deseño.

A nosa idea básica e a creación dun espazo web no que se revolucione o mundo do corazón creando seccións nas que se atopen tanto os roles de xente máis coñecida coma doutra máis próxima a nós que non o é tanto. Unha caricaturización ao mundo da prensa rosa, sin límites a hora de indagar nas vidas alleas.

O formato contará con cores que chamen a atención, unha estética colorista. A páxina contará de videos propios (programas piloto) que amosarán noticias, entrevistas e debates.
Insertaremos publicidade falsa música relacionada co programa así como algunha que outra sorpresa engadida .

A hora de plantexarnos o público obxetivo, como queremos dar un cambio importante ó feito ata agora centrarémonos na poboación de curta e mediana idade, concretamente entre os 14 e os 40 anos. A nosa páxina está especialmente dedicada para estudantes e traballadores habituado o uso de internet que non teñen a posibilidade de acceder en directo ao programa en cuestión.

jueves, 15 de octubre de 2009

A encher o preseiro!!!!!

Queridos compañeiros de ría:

Supoño que vos estaredes estruxando os miolos co fin de atopar unha idea coa suficiente calidade como para formar parte do noso particular salpicón. Estoume a referir ao proxecto da páxina web e aínda que nos vemos decotío, queridos marisqueiros, que mellor que aproveitar esta bitácora para encher este preseiro do que se nos ocurra.

Pois iso, comeza a loita (intelectual, claro está), comeza a treboada cerebral e.......que gañe a mellor idea!!!!!

viernes, 9 de octubre de 2009

Crítica Marisqueira

RADIOACTIVOS

O mellor:
Acerto no deseño e nas cores empregadas.
Indice de navegación moi ben estruturado.

O peor:
Abuso de enlaces. Falta de contido propio.
Mal aproveitamento do espazo: todo está comprimido nunha parte da páxina.

QUE TE QUERO

O mellor:
Moi atractiva visualmente: apréciase unha importante carga de traballo no deseño.
Contidos suxerentes: posibilidade de certa interacción (tests)

O peor:
Atendendo ó estilo da páxina a interación podería ser maior, facendo a páxina máis dinámica.


TUTTI FRUTTI

O mellor:
Índicie de navegación moi claro e completo.
Moito contido propio.

O peor:
Falta de homoxeneidade no deseño: as fontes e as cores semellan escollidas ó chou.
Poderíanse ter lucido no videoclip, e non o fixeron.
Como sucedía en Radioactivos, observamos de novo un mal aproveitamento do espazo.

KEN AND THE DOLLS

O mellor:
A unha idea común soubéronlle sacar moito partido: teñen moitos contidos e moi completos, vese que hai moito traballo detrás deste proxecto (fotografías, cancións, videoclips... todo feito por eles mesmos)
Coidan cada detalle facendo unha páxina moi verosímil e moi crible.

O peor:
Quedamos con ganas de máis videoclips e a espera dun novo disco.

ZAPA

O mellor:
Espectacular presentación da páxina.
Deseño moi acorde cos contidos.
Páxina moi verosímil: non parece un proxecto de clase, máis ben a verdadeira páxina dun cantautor.
Moita interactividade: permite descargar gran cantidade de contidos.

O peor:
Para nós, o peor da páxina é o feito de ter que mellorala co noso proxecto.

ARTESALA

O mellor:
Introducción moi longa.
Contidos traballados e orixinais.

O peor:
Erros no deseño, por exemplo, as letras da música non aparecen encadradas.
Idea pouco atractiva.

MINIMALAB

O mellor:
Deseño acorde co contido da páxina, cun aspecto moi profesional.
Idea orixinal, diferenciada ó resto de proxectos.


O peor:
Escasez de contidos pese a ese manimalismo central da páxina.


OITENTEIROS

O mellor:
Bo traballo de documentación nos contidos, son moi vairados e completos.
Idea atractiva, dirixida a xente nova: todos nos sentimos indentificados.
O video de presentación é xenial.

O peor:
A música tarda en cargar.
O deseño está pouco elaborado.

AO LÍMITE

O mellor:
Bo emprego do espazo .
Utilidade dos contidos ofrecidos: Becas, ETT`S

O peor:
O deseño é pouco homoxéneo. Semella que hai pouco traballo neste senso.

GUIONIZA

O mellor:
Contidos atractivos e links interesantes

O peor:
Deseño demasiado sobrio.


WONDERFUL 5

O mellor:
Idea moi orixinal.
Presentación atractiva


O peor:
Pouco proveitamento da idea pese a súa orixinalidade.

jueves, 8 de octubre de 2009

Pensando nas nécoras


Comezamos co vermú

Benvidos, amantes do bon, a este blog, onde cada día tentaremos saciar a vosa gula da mellor información. Coma no salpicón de marisco, mesturaremos un chisco do mellor de cada casa, para que non quededes con lareca de máis coñecemento.

Coma nas mellores enchentes, comezamos co vermú, para abrirvos o apetito e as ganas de visitarnos. Esperamos deixarvos con esta benvida un bon sabor de boca e ganas de probar os entrantes.

Continuará...